Saturday 04 de May de 2024

O A.C. Órdenes reafírmase na súa loita por seguir acadando títulos na homenaxe brindada no Concello


O alcalde e a concelleira de Deportes presiden a recepción aos xogadores da categoría júnior tras unha gran tempada. No acto destacáronse os logros deportivos e os valores que representan “como embaixadores de Ordes”

O alcalde e a concelleira de Deportes de Ordes, José Luis Martínez Sanjurjo e Ana Soneira, presidiron a recepción ofrecida ao equipo júnior de hóckey A.C. Órdenes. Un acto que tivo lugar no salón de plenos onde ambos representantes estiveron flanqueados por Fran Martínez e Chus García, capitán e presidenta do club, ademais do resto de adestradores e demais xogadores. Tampouco faltaron familiares, amigos e afeccionados que, coa súa presenza, quixeron brindarlle unha vez máis o seu apoio a quenes esta tempa levan acadado o terceiro posto no Campionato de España e os de campións do Sector Norte, na liga galega e na fase regular da liga júnior autonómica.

Ao longo das nuemerosas intervencións a palabra loita non deixou de soar. Martínez Sanjurjo arengou a todas e todos a “seguir loitando para continuar sumando éxitos e resultados deportivos, pero tamén para sacar adiante os proxectos federativos que quedan pendentes”. Un obxectivo “que apoiaremos dende a nosa administración”, asegurou. O alcalde tamén destacou “o papel da afección e os valores que representa o club como embaixadores do nome de Ordes alá por onde van”, e agradeceu persoalmente “o trato que sempre se nos brindou cada vez que asistimos a algún partido ou competición, como por exemplo cando acudimos a Asturias e nos sentastes na vosa mesa para xantar xuntos”. Por último expresou o seu desexo de que “o equipo siga adiante e sexa un referente, sobre todo, para a canteira que ven detrás”.

Nova quenda
César Gómez e Marcos Rey, coordinador e adestrador do A.C. Órdenes tamén tiveron palabras de agradecemento e de ánimo tanto para o equipo como para os xogadores que están a piques de emprender unha nova etapa. Un desexo especialmente dirixido aos integrantes que teñen xa fichado por equipos como o Alcobendas. Outro dos que se animou a coller o micrófono foi José Luis Huelves, histórico e laureado xogador que a día de hoxe exerce como adestrador de porteiros no club ordense. Huelves destacou tamén lles desexou sorte “ a quenes van xogar noutros clubs” e sinalou “o alto nivel deste conxunto” ao que lle agradeceu “as satisfacións vividas no eido deportivo e persoal”.

Como sinal de agradecemento polo apoio institucional brindado, aspecto resaltado pola presidenta Chus García, tanto a concelleira como o alcalde foron agasallados cunha camiseta presonalizada do club. No caso deste último co número 9, o mesmo que empregaba nas competicións durante a súa etapa como xogador de baloncesto.